7 sept 2015

Comezo de Curso 2015/2016

Xa estamos de volta coas pilas ben cargadas para comezar o novo curso cheos de enerxía!

O martes día 08/09/2015 teremos as reunións de nais, pais e titores xunto coas mestras e mestres do centro. A primeira reunión terá lugar nas aulas correspondentes ás 11.30 horas para os cursos de Educación Infantil mentres que a reunión correspondente ao nivel de Educación Primaria terá lugar na aula de 1º e 2º curso ás 12.30 horas do mesmo día.

Aproveitamos tamén para comentarvos que xa podedes pedir as axudas para material escolar para o presente curso. Podedes consultar as bases da convocatoria no seguinte enlace do DOG:


Deixámosvos tamén o enlace directo da sede electrónica da Consellería para que poidades acceder directamente ao documento que debedes cubrir á hora de solicitar as axudas:


Unha vez que entredes neste último enlace bastará con premer sobre o modelo de solicitude, imprimilo, cubrilo e entregalo no centro.

Saúdos!

CABAZAS 3 E 4 ANOS

CABAZAS 5 ANOS

CABAZAS 1º

AS CABAZAS DE 2º