30 nov 2015

Despois do paso dalgunhas datas sinaladas no que levamos de curso deixámosvos algunhas fotos como resumo dos case tres primeiros meses de clases. Os primeiros días dos máis pequenos, así como a celebración do Samaín, con terroríficas cabazas creadas polas alumnas e alumnos do noso centro con axuda dos seus achegados; do Magosto, no que as nais e pais tamén participaron e tomaron parte e no que tamén os máis pequenos levaron a cabo unha pequena xornada deportiva coa castaña como protagonista; e por último, unhas fotografías do simulacro de incendio do día 20 deste mes. Esperamos que vos gusten!

Subiremos as fotografias por orde de acontecementos nas seguintes entradas! Saúdos!

CABAZAS 3 E 4 ANOS

CABAZAS 5 ANOS

CABAZAS 1º

AS CABAZAS DE 2º