20 jun 2017

Visitanos a ilusionista Fani Triana!

Hoxe quedamos abraiados cos trucos que nos fixo Fani Triana. Sorpresa, risa,incertidumbre, desconcerto...e incluso apareceron bágoas de emoción!

Comezamos coa boca aberta vendo como Fani Triana bebia por unha palliña....sen tocar o vaso!!!

 





Logo ensinou a Daniela a facer una lindo sombreiro de papel bailando e rompendo papeis de sea...e incluso co bolso a xogo!



Tamén nos fixemos un gran lio cos tamaños das cordas...verdade Manuel?


E que decir do lio dos panos...Iván a dicir que era branco e Yaiza azul! E non había forma de porse dacordo....será que precisamos gafas?


Houbo momentos de emoción coa historia do fío da vida, que moitas veces rompía pero o final quedou enteiro.


E como non...tamén houbo unha baralla de cartas. Uxía escolleu unha carta e Fani Triana, ainda que o principio pensamos que se equivocara...adiviñou cal era!




Por suposto, como non ía ser menos, todos intentamos facer un truco...pero necesitamos algo máis de práctica!


Pasamolo moi ben...para cando repetimos?






No hay comentarios:

Publicar un comentario

CABAZAS 3 E 4 ANOS

CABAZAS 5 ANOS

CABAZAS 1º

AS CABAZAS DE 2º